OS POBRE$- Financial Rock

Portada do disco Financial Rock, de Os Pobre$

Portada do disco Financial Rock, de Os Pobre$

Os Pobre$ son un grupo de pop lugués.  Neste artigo vou comentar o seu disco Financial Rock.

É un disco que, a pesar de ter poucas cancións, ten un pouco de todo: Rock and roll, pop (principalmente), heavy… e que tamén varía algo nos idiomas dado que, aínda que a maior parte das cancións están en galego, teñen unha en castelán, dúas en inglés e mesmo unha sen letra (co cal en teoría xa non debería chamarse canción). Un dos problemas que ten o disco é que a acústica non é tan boa como se cadra debería ser.

Na miña opinión as mellores cancións  son as do principio, que seguen o estilo de pop “clásico” galego. A primeira, titulada Crazy Nights, se cadra fíxoseme algo longa de máis (dura máis de seis minutos), pero penso que se cadra estaban intentando seguir o modelo do rock sinfónico dos anos 70. As dúas seguintes, entre as cales está A hedra, que é a que máis me gustou, seguen, como xa dixen antes, o modelo de pop galego que levamos escoitando toda a vida coma quen di.

Have Love Will Travel é unha das cancións do disco que está en inglés. Segue un modelo de rock moi semellante ó rock de entre os anos 60 e 70. Heavy do Suso é a que non ten letra. A pesar do nome, é unha música bastante agradable para escoitar dentro do que cabe, e non heavy metal coma aquel no que adoitamos pensar cando nos din o nome deste tipo de música.

Finalmente quédanme dúas, cancións, unha en inglés e a outra en castelán. Debo dicir que estas foron as que menos me gustaron, máis que nada porque me parecía unha música algo estraña e non me acabei de adaptar a ela. De todos modos, en xedral, o disco estaba moi ben e animo ó grupo a que sigan así.

Artigo publicado por DHCT.

~ por dhct on Xuño 20, 2009.

Unha resposta to “OS POBRE$- Financial Rock”

  1. Impresionante Daniel.
    Cando les un traballo así, só queda dicir: 10
    Parabéns!

Deixa un comentario