Dire Straits
Dire Straits foi un grupo británico de rock and roll que destacou polo peculiar son das súas guitarras. Naceu cando, no ano 1977, nunha festa, Mark Knopfler, guitarrista dos Bewer’s Droop, coñeceu ó baixista John Illsey e decidiron formar eles dous un grupo xunto con Pick Whiters (batería dos Bewer’s Drop) e o guitarrista David Knopfler (o irmán de Mark). O grupo comezou chamándose Café Racers, dado que tocaban en bares facendo música de fondo, de modo que a xente puidese falar entre si. Máis tarde, a Pick Whiters ocorréuselle cambiar o nome a Dire Straits.

Dire Straits
Gravaron o seu primeiro álbum no ano 1978, pero foi un fracaso. Sen embargo, no ano 1979 sacaron Communiqué, no que ía Sultans of Swing, canción coa que si conseguiron chegar ó éxito. Nos seus seguintes discos decidiron engadir os teclados. Tras o lanzamento de Making Movies, o seu terceiro álbum, David Knopfler abandonou o grupo. Desta maneira, o grupo contratou a Alan Clark como teclista e a Hal Lindes para que cubrise o posto que David deixara libre. No ano 1982 sacaron á venta Love Over Gold. Nese mesmo ano, Pick Whiters deixou o grupo e foi sustituído por Terry Williams.
En 1984 Guy Fletcher uníuselle a Alan Clark nos teclados. No ano 1985 Hal Lindes deixou o grupo e entrou Jack Sonni para sibstituílo. Neste mesmo ano gravaron Brothers in Arms, que foi o seu disco de máis éxito. Nel ía a súa famosa canción Money for Nothing. No ano 1988, tras sacar o seu disco reccopilatorio Money for Nothing, Jack Sonni deixou os Dire Straits, e un ano despois Terry Williams fixo o mesmo.
Os Dire Straits sacaron o seu último disco, On Every Street, no ano 1991. No ano 1995, o grupo disolveuse e Mark Knopfler, que fora o cantante do grupo ademais de guitarrista comezou unha carreira en solitario.
Aquí vos deixo as miñas cancións favoritas dos Dire Straits.
Artigo publicado por DHCT.

Deixa un comentario