Bill Haley & His Comets

Bill Haley naceu o 6 de xuño do ano 1925 na cidade de Highland Park, en Michigan, Estados Unidos; pero criouse en Booth’s Corner, Pennsylvania.  Cando aínda era un rapaz, quedou cego dun ollo debido a unha operación que saíu mal. Foi entón cando, para distraer a atención que recaía sobre o seu ollo, inventou o peiteado co que se lle recoñece aínda hoxe.

No ano 1943 uniuse ó seu primeiro grupo, The Cousin Lee Band, un grupo de música country. A partir de entón durante os anos 40 estivo en varios grupos nos que adquiriu experiencia e fama no mundo da música, e co tempo mesmo creou os seus propios grupos, como The Four Aces of Western Swing ou The Range Drifters.  Cando se disolveu The Four Aces of Western Swing, Bill Haley inentou facer unha carreira como solista empregando os nomes de Jack Haley e Johny Clifton, pero ó pouco tempo creou un novo grupo, The Saddlemen, co que gravou varios singles.

No ano 1952, The Saddlemen cambiou o seu nome a Bill Haley & Haley’s Comets, e no ano 1953 conseguiu o seu nome definitivo: Bill Haley & His Comets.

Bill Haley & His Comets

Bill Haley & His Comets

No ano 1953, Bill Haley escribiu un dos seus maiores éxitos, que ó mesmo tempo foi o primeiro grande éxito do rock and roll: “Rock Around The Clock“. Sen embargo, non se puido gravar ata un ano despois. O grupo anotouse outro grande éxito mundial cunha versión da canción de Big Joe Turner “Shake, Rattle and Roll“, chegando a ser o primeiro grupo de rock and roll que entrou nas listas británicas e conseguindo un disco de ouro. Tras aparecer a canción “Rock Around The Clock” na película do ano 1955 Blackboard Jungle, apareceu no principio das listas americanas durante oito semanas. Este single é utilizado comunmente para separar a era do rock da industria musical que a precedeu., e Bill Haley pasou a ser denominado o “pai do rock and roll”. Bill Haley seguiu acumulando éxitos durante toda a década dos 50, como “See You Later, Alligator“.

Anque Bill Halley & His Comets continuou a súa carreira durante a dércada dos 60, co tempo pasaron a ser considerados anticuados e o grupo separouse. Co tempo os seus compoñentes foron morrendo.Bill Haley morreu o 9 de febreiro do ano 1981.

Aquí tedes un vídeo do grande éxito do grupo “Rock Around The Clock“.

Artigo publicado por DHCT.

~ por dhct on Maio 17, 2009.

Deixa un comentario