Baixo
O baixo eléctrico ou guitarra baixo é un instrumento musical de corda creado nos Estados Unidos no ano 1951 por Leo Fender (1909-1991) como resposta ante as dificultades de amplificación e mobilidade que presentaba o contrabaixo para a súa aplicación en música popular urbana bailable. A aparición das big bands nos anos trinta, a posibilidade de incrementar a intensidade de moitos instrumentos, unha maior extensión do rexistro tímbrico, o aumento de sonidos na sección percusiva e os problemas físico-acústicos resultantes de intentar colocar microfonía a unha caixa de resonancia tan grande como era a do contrabaixo foron os cuasantes da necesidade de crear un novo instrumento, necesidade que saciou Fender co seu invento. O Fender Precission Brass empregou unha escala de 84.6cm, co que resultou ser un instrumento máis pequeno que o contrabaixo (110cm de escala) e, polo tanto, máis cómodo para interpretar os novos estilos de música. A forma era e segue sendo a dun mástil con trastes, similar á dunha guitarra, que garantizaba unha afinación precisa; o seu corpo sólido e macizo, non resonante, axudaba a evitar acoples e serviu como soporte á pastilla electromagnética encarga de amplificar o son. Ó principio empregaronse para construilos cordas de piano e clavixas de contrabaixo, ata que máis tarde se inventaron cordas e clavixas específicas para o intrumento.

Guitarra baixo
O baixo ten o mesmo rexistro, afinación e encordadura que o contrabaixo (catro cordas afinadas, de grave a agudo, en sol2, re2, la1 e mi1) e asume a súa tesitura con posibilidades que requiren unha axilidade antes reservada só para os guitarristas. Pode tocarse cos dedos, co plectro ou golpeando. Con frecuencia pódense atopar baixistas que varían a afinación habitual para conseguir maior profundidade, empregando, sobre todo, as catro cordas afinadas en re2, la1, mi1 e si0. Existen variantes do instrumento sen trastes (fretless), con cinco cordas (engadindo unha corda máis grave, afinada en si0) ou con seis (engadíndolle, ademais do si grave, unha máis aguda, que pode estar afinada en si2 ou en do3).

Leo Fender, inventor do baixo eléctrico
Neste instrumento destacaron intérpretes como Jaco Pastorius, que redimensionou o baixo ata facer del un istrumento solista, John Pattitucci, Larry Gram, Sting ou Paul McCartney. Unha das empresas máis famosas na fabricación de guitarras baixo é a que leva o nome do seu creador, Fender, anque tamén destacan outras como Warwick, Ibanez, Yamaha, Alembic, Steinberger ou Smith, entre outras.
En resumo, o baixo é o instrumento que naceu no século XX como o encargado de facer o “baixo continuo do rock and roll”, que non podía facer o clavicémbalo debido ó seu abandono durante o clasicismo vienés nin o contrabaixo debido ás dificultades que supoñía para a interpretación e grabación de estilos de música coma o city blues, o rock and roll e outros; un instrumento que coa axuda de algúns intérpretes chegou a poder tocarse mesmo por un solista, coma calquer outro.
Para corroborar este último feito, aquí vos deixo con un solo de baixo.
Artigo publicado por DHCT.

Deixa un comentario