Manifesto Dobarrista
Manifesto Dobarrista é un dobre disco feito por varios dos grupos actuais que empregan como idioma para as súas cancións o galego en homenaxe á persoa que demostrou que na lingua de Galicia se pode chegar moi lonxe: Andrés Lapique do Barro. Este traballo consiste nunha recopilación do repertorio deste cantante que se adaptou ó estilo de música de cada un dos grupos que colaboraron.

Portada de Manifesto Dobarrista
O CD1 Está composto polas seguintes cancións. O que aparece entre paréntese é o nome do grupo que a interpreta:
1- O tren (Elodio y los seres queridos)
2- Corpiño xeitoso (Projecto Mourente)
3- Llorar por llorar (6PM)
4- Meu amor (Fanny + Alexander / Andrea Lapique do Barro)
5- Con máis amor (The Homens)
6- Teño saudade (Safari Orquestra)
7- Homes (Samesugas)
8- O meu pequeno pobo (Zimmer 103)
9- Maruxiña (Iribarnes)
10- Un pouquiño de mambo… ou así (Colectivo Oruga)
11- San Antón (The Policarposound inc.)
12- Vou a Bueu (Leo i arremeghoná!!!! / O Kolhoz)
13- A uns ollos verdes (Hanom Ausse)
14- Rapaciña (Noise Project)
15- Adeus, adeus (Misquious)
Neste disco podemos atopar temas cun estilo de música moi parecido ó de Andrés do Barro, como nas cancións 11 e 13, como temas cun estilo absolutamente diferente, como na canción número 6, na que Safari Orquestra empregou o hip-hop para interpretar o famoso tema Teño saudade. Como podedes ver na interpretación de meu amor está, como non podía ser menos, a irmá de Andrés: Adrea Lapique do Barro. Recoméndovos o tema de Vou a Bueu.
O CD2 está composto polas seguintes cancións:
1- O tren (Niño y Pistola)
2- Por non poder (Boy Elliot and the Plastic Bags)
3- Noite de estrelas (Narf)
4- Salgueiro (Ectoplasma)
5- Para che falar de amor (Ataque Escampe)
6- Pois Eu (Quant)
7- ¡Pum! (Annie Hall)
8- Pandeirada (Nouvelle Cousine)
9- As namoradiñas (Nalda)
10- Virando louco (Os da Ría)
11- Hoxe voltei pra casa (Los Huéspedes Felices)
12- Corpiño xeitoso (Tesouro)
13- San Antón (Jules, Jim & Catherine)
14- Quiero hacer mi casa en el cielo (Todo el largo verano)
15- Fogar de Breogán (The Rexurdidos)
Neste CD volvemos atopar tanto cancións que apenas cambiaron dende a súa versión orixinal, como a número 6, como temas que apenas se parecen, como o número 10, habendo tamén estados intermedios como é o caso da número 8. Aquí debo darlle as miñas felicitacións ó cantante do grupo Quant, dado que na canción Pois Eu, Andrés do Barro puxo un anaco no que había que cantalo todo, e el conseguiu interpretalo da mesma maneira, quedando así case idéntico ó da versión orixinal.
Podo valorar este disco dicindo que está moi ben feito e organizado, anque pareceume un chisco “radical” o empregar nel o hip-hop. De todos modos, sen dúbida, se el estivese aínda aquí, estaría orgulloso de todos, tanto dos que fixeron o disco como dos que o recordamos con todo o noso agarimo (ó contrario do que el dicía na letra de Pois Eu, canción da que vós deixo a versión orixinal aquí mesmo)
Artigo publicado por DHCT.
~ por dhct on Marzo 4, 2009.
Publicado en Sen categoría
Etiquetas: Andrés do Barro, Manifesto Dobarrista

Excelente o teu comentario (case unha crónica!). Coincido contigo en que Andrés estaría orgulloso; son moi poucos os que acadan o respeto suficiente como para ser admirados polas xeracións seguintes. E tamén tes razón en que Andrés demostrou que se pode facer música verdadeiramente popular no noso idioma. En canto ao que dis sobre o “radicalismo” do hip hop…non pensas que de estar vivo Andrés Dobarro tamén se vería tentado polo xénero?
O dito: parabéns Daniel.